Buda az sharm foru rikht
Buda az sharm foru rikht | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | بودا از شرم فرو ریخت |
Director | Hana Makhmalbaf |
Produtor | Maysam Makhmalbaf |
Guión | Marzieh Makhmalbaf |
Intérpretes | Abbas Alijome Abdolali Hoseinali Nikbakht Noruz |
Música | Tolibhon Shakhidi |
Fotografía | Ostad Ali |
Montaxe | Mastaneh Mohajer |
Estrea | Festival de Toronto: 9 de setembro de 2007 |
Orixe | Irán |
Na rede | |
Buda az sharm foru rikht (en persa: بودا از شرم فرو ریخت) é un filme iraniano de 2007 dirixido por Hana Makhmalbaf.[1] O título do filme provén do libro The Buddha Was Not Demolished in Afghanistan, It Collapsed Out of Shame, escrito polo seu pai, Mohsen Makhmalbaf. O filme ten lugar no moderno Afganistán despois da derrota dos talibáns e conta a historia dunha nena afgá de cinco anos que quere asistir a unha escola acabada de abrir. A nena, chamada Bakhtay (Nikbakht Noruz) vive nas covas debaixo dos restos dos Budas de Bamiyán que foron destruídos polos talibáns en 2001. Bakhtay obsesiónase coa idea de asistir á escola mais debe loitar contra unha sociedade influenciada polo estrito control talibán, pola dominación masculina, pola guerra, pobreza e pola violencia.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Abdolali Hoseinali como Talib boy
- Abbas Alijome como Abbas
- Nikbakht Noruz como Bakhtay
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lidia Louk, "Movie Review: 'Buddha Collapsed out of Shame'" Arquivado 08 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Epoch Times, 25 de setembro de 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Buda az sharm foru rikht na IMDb (en inglés).